Novas

Noticias

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA UN SEMINARIO DE EXPERTOS PARA A RECUPERACIÓN DO SALMÓN NO RÍO MANDEO

O concepto de corredor fluvial vai aparellado ao propio concepto de río, e abarca o conxunto do territorio fluvial, o río na súa canle de estiaxe, a vexetación de ribeira e o espazo que ocupan as augas durante as enchentes, xunto coa cuberta vexetal asociada. Os corredores fluviais albergan ecosistemas acuáticos e terrestres, configurando uns ... Ler máis

¿Que valor ten para ti conservar o río miño? Enche a túa enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos.

Colabora co proxecto LIFE Fluvial entrando neste enlace ou na sección de produtos da nosa páxina web e enchendo unha breve enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos, mediante actuacións como as que se están a realizar na cunca do río Miño. Reenvía tamén este enlace a máis persoas ... Ler máis

O Concello de Ribadeo replica os resultados de LIFE FLUVIAL

O Concello rematou esta mesma semana as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e ... Ler máis

As tarefas de xestión sostible do bosque higrófilo (91E0*) de LIFE FLUVIAL continúan no Encoro de Cecebre

Os traballos de LIFE FLUVIAL no ámbito do Encoro de Cecebre (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, ES1110004), executados por TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), continúan a bo ritmo. Tras o parón a finais de 2020, previamente ao que se eliminaran as especies exóticas invasoras de flora que ameazan ao estado de conservación do bosque higrófilo (91E0*), ... Ler máis

Terceiro boletín de actividades do proxecto LIFE Fluvial

Hoxe, 22 de marzo é o día mundial da auga (https://www.un.org/en/observances/water-day ) e onte celebrouse o día internacional dos bosques (https://www.un.org/es/observances/forests-and-trees-day ), dous eventos que casan á perfección cos obxectivos do proxecto LIFE Fluvial, “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da Rexión Atlántica Ibérica”. Que mellor xeito de conmemoralo que coa publicación do terceiro boletín (e-newsletter) ... Ler máis

LIFE Fluvial – Enche a enquisa sobre corredores fluviais atlánticos

¿Participaches nalgunha das diferentes actividades de difusión que organizamos dende LIFE Fluvial ou es seguidor da nosa web e redes sociais? Se é así, pedímosche colaboración dedicando un par de minutos a encher unha enquisa on line. Seríanos de grande utilidade coñecer a túa percepción acerca dos corredores fluviais atlánticos. A enquisa está dispoñible na ... Ler máis

LIFE FLUVIAL retoma a recuperación do corredor fluvioestuarino na Ría de Betanzos (Bergondo, A Coruña)

O proxecto LIFE FLUVIAL retomou, por parte de TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), a actividade da acción C4 na marxe esquerda da Ría de Betanzos, dentro de terreos do municipio de Bergondo, coa finalidade de completar os traballos para a restauración dos hábitats no enclave situado na ZEC Betanzos-Mandeo (ES1110007). Ao finalizar o ano 2020 ... Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS CON ASPACE CORUÑA

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais 2021, o 1 de febreiro tivo lugar a presentación telemática aos medios de comunicación da Guía de Turismo Ornitolóxico da Reserva de Biosfera. Nesta presentación, na que interviron dende a presidencia da Reserva de Biosfera, a Deputación da Coruña e a empresa redactora da guía, tivo ... Ler máis

LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño

Mañá 17 de decembro, o proxecto LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño, incluíndo unha revisión dos proxectos LIFE previos que IBADER e Deputación de Lugo executaron nos últimos 20 anos. O evento, que terá lugar ás 16:30 no salón de actos da Deputación de ... Ler máis

CELEBRADA A 2ª COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE LIFE FLUVIAL EN GALICIA

O proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica”, posúe como obxectivo xeral a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000 en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Portugal Norte). O proxecto está a avanzar a bó ... Ler máis

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies