Seminario técnico online: potencialidad de los aprendizajes adquiridos para su posible incorporación al Programa de Medidas del Plan Hidrológico Galicia-Costa 2021-2027.

O proxecto LIFE FLUVIAL persegue a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Desenvólvese para iso unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas atlánticas da Península Ibérica, en Asturias, Galicia e Norte de Portugal, incluíndo actuacións en humidais fluvioestuarinos e continentais. LIFE Fluvial ten realizado actuacións tanto de deseño, restauración medioambiental como de monitorización dun total de nove enclaves nos territorios mencionados, desenvolvento metodoloxías de traballo de restauración e conservación.

Proponse este seminario técnico online coa finalidade do intercambio do coñecemento xenerado por LIFE FLUVIAL, neste caso vinculado á potencialidade das aprendizaxes adquiridas para a súa posible incorporación ao Programa de Medidas do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027. 

Cartel GAL

Cartel ESP

O evento celebrarase o 14 de xullo, en horario 10:15 – 12:20 h (hora española).

Convidámolo a inscribirse en dita xornada, a través do seguinte formulario online: INSCRICIÓN

Escaneando o seguinte código QR:

Ou tamén a través de:

981 669 541

info@marinasbetanzos.gal

miguel.fernandez@marinasbetanzos.gal

Unha vez recibamos a súa inscrición, con todos os seus datos, enviaremos aos inscritos un enlace ao correo electrónico co que se ten rexistrado para que poidan acceder ao seminario online.