O traballo de LIFE Fluvial reflíctese no boletín de setembro de 2021 do «Zero plastic working group in the world network of island and coastal biosphere reserves»

As actividades de voluntariado ambiental levadas a cabo por LIFE Fluvial os días 5 e 6 de xuño de 2021, enmarcadas na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día da Rede Natura 2000, tiveron como eixe principal a eliminación de especies exóticas invasoras na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre (ES1110004) así como no … Ler máis

Xornada de networking entre LIFE Fluvial e LIFE Natural Course

O pasado luns 6 de setembro, o beneficiario asociado IBADER-USC do proxecto LIFE FLUVIAL realizou unha sesión de networking en liña co proxecto LIFE integrado NATURAL COURSE (LIFE-IP RBMP-NWRBD UK, LIFE14 IPE/UK/000027). O equipo de NATURAL CURSE contou coa participación de Daniel Gowar (xestor do proxecto), Rosie McEwing (técnico de proxecto), Dave Marshall (director de … Ler máis

LIFE Fluvial no número de verán da revista da Unión Internacional para a Conservación da Natureza

O boletín nº 42 do Comité Español da UICN, correspondente ao número de verán de 2021, recolle un artigo sobre algunhas das actividades desenvolvidas por LIFE Fluvial para a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta ocasión, en concreto, descríbense as actuacións de voluntariado levadas a cabo pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e … Ler máis

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organiza un seminario técnico para a incorporación das aprendizaxes do proxecto LIFE Fluvial ao programa de medidas do plan hidrolóxico Galicia-costa 2021-2027

O actual Programa de Medidas é o instrumento de planificación hidrolóxica que coordina e integra as medidas que se teñen executado, se están a executar e que están programadas dentro da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa no ciclo de planificación 2021-2027. Así mesmo, recolle as previsións de execución de medidas, en anos sucesivos, consideradas necesarias para poder … Ler máis

Xornada de voluntariado para a eliminación de flora exótica invasora no concello de Arteixo (A Coruña)

Os días 12 e 13 de xullo de 2021 desenvolvéronse senllas xornadas de voluntariado ambiental do proxecto LIFE Fluvial organizadas pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis … Ler máis

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O AUDIOVISUAL DO PROXECTO

A través de su visionado se puede realizar un recorrido a través del Programa Life y la Red Natura 2000 así como de las principales acciones de LIFE Fluvial. Gracias a unas vistosas imágenes y una amena locución, esta visita virtual permite la comprobación de los trabajos de mejora y restauración ambiental llevados a cabo … Ler máis

Seminario técnico online: potencialidad de los aprendizajes adquiridos para su posible incorporación al Programa de Medidas del Plan Hidrológico Galicia-Costa 2021-2027.

O proxecto LIFE FLUVIAL persegue a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Desenvólvese para iso unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas atlánticas da Península Ibérica, en Asturias, Galicia e Norte de Portugal, incluíndo actuacións en humidais fluvioestuarinos e continentais. LIFE Fluvial ten realizado … Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CON ASPACE CORUÑA

A Rede Natura 2000 é un conxunto de áreas naturais protexidas a escala da Unión Europea co obxectivo de conservar a biodiversidade e a supervivencia das especies e dos hábitats. Constitúe o principal instrumento de conservación da natureza da Unión Europea e componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e de Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA).
Con motivo da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000, este 21 de maio de 2020 levouse a cabo un taller de pintura tematizado nas instalacións de ASPACE CORUÑA, no concello de Sada, en coordinación coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A iniciativa enmárcase dentro das accións de divulgación e sensibilización do proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771), do que a Reserva de Biosfera forma parte.
ASPACE é unha entidade pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral que traballa para a mellora da súa calidade de vida e das súas familias. Forma parte do conxunto de socios da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A colaboración entrámbalas dúas entidades en materia medioambiental xa tiña programada a finais do mes de marzo unha xornada de voluntariado e concienciación sobre o perigo das especies exóticas invasoras, a cal tivo que ser aprazada por mor da crise do Covid-19.
A Reserva de Biosfera conta con catro ZEC no seo da Rede Natura 2000 (Encoro de Abegondo-Cecebre, Costa da Morte, Betanzos-Mandeo e Costa de Dexo). Dentro desta temática, o motivo escollido por ASPACE foi a realización dun mural sobre a Costa de Dexo (ES1110009) en Oleiros, en cuxa composición participaron unha ducia de usuarios do centro.

LIFE FLUVIAL CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E O DÍA DA REDE NATURA 2000 CUNHA XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE

O sábado 5 de xuño de 2021, como actividade de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día da Rede Natura 2000, desenvolveuse unha xornada de voluntariado máis do proxecto LIFE FLUVIAL, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Nesta ocasión, contouse coa participación dunha representación do departamento de «Zara Loxística» (Inditex), e … Ler máis

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies