A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, participou de novo nesta edición 2022 da Open Science de Cambre.
Esta feira é un encontro entre investigadores novos e adultos que mostran as súas experiencias ao público.
A participación da Reserva de Biosfera, no marco do proxecto LIFE Fluvial, centrouse na divulgación dos espazos Rede Natura 2000 do seu territorio empregando para iso un xogo de preguntas e respostas dirixido aos máis novos. As temáticas tratadas foron “A auga e os corredores fluviais”, “Natureza e os corredores fluviais” e “O teu Reserva de Biosfera”. Todos os participantes neste xogo (que superaron os 300) levaron un detalle a modo de gratificación polo seu esforzo e interese.
De maneira paralela desenvolvéronse dous talleres de estampaxe téxtil con motivos de árbores autóctonas de ribeira. Devanditos talleres complementáronse con charlas explicativas sobre a importancia da conservación destas especies. A afluencia e participación durante os dous días que durou a feira (17 e 18 de setembro) foi moi relevante.
Finalmente, a Reserva colaborou na entrega final de premios achegando unha visita guiada para 25 persoas pola Zona de Especial Conservación Costa de Dexo (ES1110009), espazo integrado na Rede Natura 2000.