COLABORACIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA CO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT PARA A ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENIL TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)

O día 11 de xullo de 2022 desenvolveuse unha xornada de voluntariado ambiental froito da colaboración entre o Grupo Naturalista Hábitat (no marco do Convenio de Custodia do Territorio e Voluntariado co Concello da Coruña, para a divulgación ambiental e mellora do seu Patrimonio Natural) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dentro do proxecto LIFE Fluvial.

As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis (herba do coitelo ou uña de gato). O emprazamento elixido foi o entorno do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules (concello da Coruña).

Como entidades participantes nas actividades, cómpre destacar á Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña, que facilitou os colectores para os residuos vexetais e a retirada dos mesmos a xestor autorizado, así como á ONG Cooperación Internacional e á Fundación Aliatar, que proporcionaron a colaboración dun total de 85 voluntarias repartidas en quendas de mañá e tarde.

Resulta indispensable agradecer tamén a implicación e esforzo dos grupos de voluntariado, formados por rapazas de 13-17 anos procedentes de Andalucía, que traballaron con entusiasmo seguindo as indicacións dos técnicos e monitores.

Á finalización dos traballos conseguíronse retirar 12.5 colectores de 800 litros de material vexetal, os cales equivalen a arredor de 1.500 kg de restos da especie exótica invasora Carpobrotus edulis.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies