O 7 de outubro
de 2022, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación
de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración da
área de Servizos Sociais do Concello de Abegondo e da Brigada de traballo
adscrita á mesma.
Os
traballos desenvolvidos tiveron lugar nas inmediacións da presa de Cecebre,
dentro da Zona de Especial Protección Encoro de Abegondo-Cecebre (ES1110004) da
Rede Natura 2000, e consistiron na recollida e retirada da planta exótica
invasora Robinia pseudoacacia.
Buscábase
un emprazamento que permitise levar a cabo actuacións complementarias aos
propios traballos efectuados dende o proxecto LIFE Fluvial.
As 8
persoas voluntarias participantes estiveron apoiadas e asesoradas en todo
momento por técnicos da Reserva de Biosfera, técnicos do Concello de Abegondo e
persoal especialista en eliminación de flora invasora.
Ao
remate da xornada, as voluntarias e voluntarios conseguiron retirar dous bigbag
de 1 m3 cada un de material vexetal da especie exótica invasora Robinia pseudoacacia, o cal foi
trasladado a un xestor de residuos autorizado.