LIFE Fluvial – Enche a enquisa sobre corredores fluviais atlánticos

¿Participaches nalgunha das diferentes actividades de difusión que organizamos dende LIFE Fluvial ou es seguidor da nosa web e redes sociais? Se é así, pedímosche colaboración dedicando un par de minutos a encher unha enquisa on line.

Seríanos de grande utilidade coñecer a túa percepción acerca dos corredores fluviais atlánticos.

A enquisa está dispoñible na nosa páxina web en castelán (enlace) e en galego (enlace).

E se non é así te animamos a visitar www.lifefluvial.eu onde atoparás multitude de información acerca de LIFE Fluvial e os corredores fluviais. Ademais, no apartado de produtos tes dispoñible toda a documentación elaborada para o proxecto, xogos, imaxes e vídeos, entre os que atoparás as gravacións de xornadas de difusión realizadas, aparicións na TV, etc.

Tamén nas nosas redes sociais Facebook, Twitter, YouTube e Instagram vos informamos de todas as noticias.

Moitas grazas pola vosa colaboración!