LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño

Mañá 17 de decembro, o proxecto LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño, incluíndo unha revisión dos proxectos LIFE previos que IBADER e Deputación de Lugo executaron nos últimos 20 anos. O evento, que terá lugar ás 16:30 no salón de actos da Deputación de Lugo da Rúa San Marcos, 8 (Lugo) ten a seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  • Proposta de programación de actividades para todos os públicos na Reserva da Biosfera para a anualidade 2021.
  • Proposta de creación dun grupo de traballo para a posta en marcha da marca Reserva da Biosfera Terras do Miño.
  • Presentación da memoria anual de actividades do 2020 da Reserva da Biosfera.
  • Dación de conta da incorporación da Reserva da Biosfera Terras do Miño ao Consello Provincial de Turismo.
  • Dación de conta da Convocatoria do VII Concurso de Fotografía “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”.
  • Presentación de actuacións dos Proxectos LIFE FLUVIAL, LIFE+BIODINÁMICO e LIFE IN COMMON LAND.
  • Presentación do proxecto de hortas urbanas ecolóxicas no Parque do Río Rato e de Paradai.
  • Presentación dos resultados dos Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e das colaboracións internacionais.
  • Dación de conta da creación dunha liña de subvencións en concorrencia competitiva para proxectos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico da Reserva da Biosfera.
  • Dación de conta da actividade da Rede Española de Reservas da Biosfera.
  • Dación de conta da actividade da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.
  • Rogos e preguntas.

 

O evento está organizado por: Reserva da Biosfera Terras do Miño – Servizo de Medio Ambiente, Deputación de Lugo

Web Reserva de Biosfera Terras do Miño: terrasdomino.deputacionlugo.org

Web Deputación de Lugo: www.deputacionlugo.org

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies