Os días 12 e 13 de xullo de 2021 desenvolvéronse senllas xornadas de voluntariado ambiental do proxecto LIFE Fluvial organizadas pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis (unlla de gato). O emprazamento elixido foi o entorno da praia de Alba (concello de Arteixo), área incluída na Zona de Especial Conservación Costa da Morte (ES1110005) da Rede Natura 2000.
Como entidades colaboradoras nas actividades cómpre destacar ao departamento de medio ambiente do Concello de Arteixo, ao Grupo Naturalista Hábitat e á ONG Cooperación Internacional, cun total de 46 voluntarios.
Á finalización dos traballos sobre unha superficie neta aproximada de 10.000 m2, retiráronse 7 m3 de material vexetal que, unha vez pesado pola empresa xestora de residuos encargada da súa eliminación, equivaleron a 980 kg de restos da especie exótica invasora Carpobrotus edulis.