A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CON ASPACE CORUÑA

A Rede Natura 2000 é un conxunto de áreas naturais protexidas a escala da Unión Europea co obxectivo de conservar a biodiversidade e a supervivencia das especies e dos hábitats. Constitúe o principal instrumento de conservación da natureza da Unión Europea e componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e de Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA).
Con motivo da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000, este 21 de maio de 2020 levouse a cabo un taller de pintura tematizado nas instalacións de ASPACE CORUÑA, no concello de Sada, en coordinación coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A iniciativa enmárcase dentro das accións de divulgación e sensibilización do proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771), do que a Reserva de Biosfera forma parte.
ASPACE é unha entidade pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral que traballa para a mellora da súa calidade de vida e das súas familias. Forma parte do conxunto de socios da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A colaboración entrámbalas dúas entidades en materia medioambiental xa tiña programada a finais do mes de marzo unha xornada de voluntariado e concienciación sobre o perigo das especies exóticas invasoras, a cal tivo que ser aprazada por mor da crise do Covid-19.
A Reserva de Biosfera conta con catro ZEC no seo da Rede Natura 2000 (Encoro de Abegondo-Cecebre, Costa da Morte, Betanzos-Mandeo e Costa de Dexo). Dentro desta temática, o motivo escollido por ASPACE foi a realización dun mural sobre a Costa de Dexo (ES1110009) en Oleiros, en cuxa composición participaron unha ducia de usuarios do centro.

LIFE FLUVIAL CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E O DÍA DA REDE NATURA 2000 CUNHA XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE

O sábado 5 de xuño de 2021, como actividade de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día da Rede Natura 2000, desenvolveuse unha xornada de voluntariado máis do proxecto LIFE FLUVIAL, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Nesta ocasión, contouse coa participación dunha representación do departamento de «Zara Loxística» (Inditex), e … Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NO MONTE DAS MOAS EN IRIXOA (A CORUÑA)

O domingo 6 de xuño de 2021, como actividade enmarcada na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo levou a cabo unha xornada de voluntariado ambiental dentro do proxecto LIFE FLUVIAL, coa colaboración da Asociación Nacional GN Medio Ambiente. A xornada tivo lugar no Monte … Ler máis

Xornada de voluntariado sobre concienciación dos residuos plásticos e das especies de flora exótica invasora (Bergondo. A Coruña)

O 14 de maio de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración do centro escolar «CEIP Sada y sus Contornos» a través de dúas das súas clases de 6º de Educación Primaria. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar … Ler máis

Replicación e transferencia de resultados de LIFE Fluvial na Lagoa do Rei (Rábade, Lugo)

O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario asociado de LIFE FLUVIAL, e coordinador das accións de conservación do proxecto en Galicia, formulou unha xornada de transferencia de resultados do proxecto na A Lagoa do Rei (Rábade, Lugo), localidade onde se executou a acción concreta de conservación C7, dentro da … Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA UN SEMINARIO DE EXPERTOS PARA A RECUPERACIÓN DO SALMÓN NO RÍO MANDEO

O concepto de corredor fluvial vai aparellado ao propio concepto de río, e abarca o conxunto do territorio fluvial, o río na súa canle de estiaxe, a vexetación de ribeira e o espazo que ocupan as augas durante as enchentes, xunto coa cuberta vexetal asociada. Os corredores fluviais albergan ecosistemas acuáticos e terrestres, configurando uns … Ler máis

¿Que valor ten para ti conservar o río miño? Enche a túa enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos.

Colabora co proxecto LIFE Fluvial entrando neste enlace ou na sección de produtos da nosa páxina web e enchendo unha breve enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos, mediante actuacións como as que se están a realizar na cunca do río Miño. Reenvía tamén este enlace a máis persoas … Ler máis

O Concello de Ribadeo replica os resultados de LIFE FLUVIAL

O Concello rematou esta mesma semana as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e … Ler máis

As tarefas de xestión sostible do bosque higrófilo (91E0*) de LIFE FLUVIAL continúan no Encoro de Cecebre

Os traballos de LIFE FLUVIAL no ámbito do Encoro de Cecebre (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, ES1110004), executados por TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), continúan a bo ritmo. Tras o parón a finais de 2020, previamente ao que se eliminaran as especies exóticas invasoras de flora que ameazan ao estado de conservación do bosque higrófilo (91E0*), … Ler máis

Terceiro boletín de actividades do proxecto LIFE Fluvial

Hoxe, 22 de marzo é o día mundial da auga (https://www.un.org/en/observances/water-day ) e onte celebrouse o día internacional dos bosques (https://www.un.org/es/observances/forests-and-trees-day ), dous eventos que casan á perfección cos obxectivos do proxecto LIFE Fluvial, “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da Rexión Atlántica Ibérica”. Que mellor xeito de conmemoralo que coa publicación do terceiro boletín (e-newsletter) … Ler máis

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies