Xogo da Gota

Xogo da Gota

Dende o 15 de xullo, xa podedes disfrutar do ‘Xogo da Gota’, unha aplicación online desenvolvida no marco do proxecto LifeFluvial no que a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo participa como socio.

O obxectivo é aprender xogando sobre a importancia que teñen os ríos para a biodiversidade e a cultura. É similar ao tradicional xogo da oca e presenta dous taboleiros para xogar.

O xogo é moi sinxelo e divertido e ten algunhas sorpresas nas casillas especiais que debedes descubrir. Dirixido a todas as nenas e nenos que queiran pasalo ben aprendendo máis sobre a importancia dos ríos, os bosques de ribeira e a riqueza natural e cultural do seu contorno.

Comezade a xogar en https://bit.ly/38Vk7IS
Se tedes calquera incidencia ou suxerencia podedes mandala a oti@emalcsa.es e lembrade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies