Socios

Socios

 

 

Universidade de Oviedo é a institución pública de educación superior e investigación do Principado de Asturias. Con vocación internacional, estreitamente comprometida co seu ámbito territorial e cunha forte aposta pola transferencia de coñecemento cara ao tecido produtivo, a Universidade de Oviedo foi unha das primeiras nove universidades españolas en obter a acreditación como Campus de Excelencia Internacional en 2009.
Dentro da Universidade de Oviedo, o centro encargado de participar no proxecto é o Instituto de Recursos Naturais e Ordenación do Territorio (INDUROT), a actividade principal do cal céntrase no desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada e asesoramento científico-técnico ás Administracións Públicas e ás empresas, no campo dos recursos naturais e a ordenación do territorio. Nos seus máis de 30 anos de actividade, o INDUROT desenvolveu máis de 250 proxectos de investigación, consolidándose como un centro universitario de referencia da investigación aplicada e multidisciplinar en materia de medio ambiente, recursos naturais e ordenación do territorio.
Principais ámbitos de investigación: Instrumentos de planificación, ordenación e xestión territorial dos recursos naturais e dos espazos naturais protexidos; realización de estudos e análises territoriais e ambientais aplicadas; desenvolvemento de sistemas de indicadores ambientais e de sostibilidade; análise de riscos naturais e de orixe antrópica; conservación, seguimento e xestión de fauna e flora; xeomorfoloxía e análise de solos; ecoloxía da paisaxe e conectividade ecolóxica; análise e seguimento do estado das augas mariñas (oceánicas e estuarinas); dereito ambiental; restauración paisaxística; economía do medio ambiente e dos recursos naturais.
Técnicas de traballo aplicadas aos recursos naturais e a ordenación do territorio: estatística e econometría, modelización ambiental e territorial, fotointerpretación, teledetección e procesado de imaxes de satélite e LIDAR, sistemas de información xeográfica, cartografía temática, mostraxes ambientais e sociais, análise de laboratorio, deseño e desenvolvemento de visores de información ambiental e territorial.
DATOS DE CONTACTO
Teléfono: +34 985458118
E-mail:  indurot@uniovi.eslifefluvial@uniovi.es
Dirección: Campus de Mieres. Edificio de Investigación. 33600 Mieres, Asturias, España.
Página web: http://www.indurot.uniovi.es/

Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

É unha entidade sen ánimo de lucro, que ten o seu ámbito de actuación en 17 municipios da provincia de A Coruña, no Noroeste de España (Galicia): Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, abranguendo unha superficie total de 1000 km2 e unha poboación de 190.000 habitantes. A finalidade da Asociación é a de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, públicos e privados, interesados en promover o desenvolvemento socioeconómico no territorio de actuación, contando na actualidade con 128 entidades asociadas, de carácter público e privado.

O obxectivo final perseguido é deseñar e aplicar unha estratexia de desenvolvemento sostible do territorio a partir do seu patrimonio natural e cultural e do fomento da cohesión social, sendo no ano 2013 declarado este territorio pola UNESCO como Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, dentro do Programa MaB.

A Asociación Mariñas-Betanzos participou en diferentes actuacións na posta en marcha da Directiva Marco da Auga no territorio dentro do Proxecto LIFE+ “Aqua Plann Project” (LIFE+07ENV/E/000826), fundamentalmente en accións de difusión e participación activa. Tamén desenvolveu accións relacionadas coa mellora dos hábitats do territorio, con especial incidencia dos bosques de ribeira, así como diversos programas de voluntariado ambiental para a mellora de espazos naturais e a eliminación de especies invasoras.

Así mesmo, coordínanse dende a Asociación actividades de educación ambiental nos centros de interpretación do territorio.

DATOS DE CONTACTO

Teléfono: +34 981 669 541

E-mail:info@marinasbetanzos.gal

Enderezo: Rúa San Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria, 1º Andar), 15318 Abegondo, A Coruña.

Páxina web:http://marinasbetanzos.gal/es/

Emalcsa

O obxecto de EMALCSA é a prestación do servizo de abastecemento de augas á cidade da Coruña e termo municipal, así como xestionar ou colaborar co Concello para a xestión de servizos municipais. Enfoca a súa actividade á busca da satisfacción das partes interesadas e trata de incorporar a innovación tanto na súa xestión como na prestación do servizo, apostando de xeito firme pola innovación en toda a súa actividade. Dende a súa fundación EMALCSA organizouse e capacitouse para responder ás necesidades do servizo do Ciclo Integral da Auga, dispoñendo na actualidade de equipo e recursos para desenvolver as seguintes funcións:

  • Captación, potabilización e distribución de augas potables.
  • Análise e control da calidade das augas en todas as fases do Ciclo Integral da Auga.
  • Mantemento e limpeza de redes de abastecemento e saneamento.
  • Xestión de clientes: contratación, lectura de contadores, facturación, cobramento e atención ao cliente para o abastecemento e saneamento de augas.
  • Transporte e depuración de augas residuais.

Esta capacidade de servizos desenvolveuse de forma específica para diversas administracións públicas, ás que se atenden en diferentes etapas do ciclo. Ademais das funcións propias da súa actividade nos últimos anos ampliou o espectro do seu interese ao coidado, custodia e mantemento das fontes de auga das que se nutre para o abastecemento, tanto dende o punto de vista de responsabilidade ambiental como social, de cara a garantir a mellor calidade posible da auga abastecida e o respecto e mantemento do ámbito para unha xestión sostible dos recursos e da súa actividade, facendo para iso especial incidencia na xestión da demanda sobre a oferta, o control de contaminantes emerxentes e a función social do ciclo da auga como elemento de relación do home co ámbito e a súa evolución e desenvolvemento.

DATOS DE CONTACTO

Teléfono: +34 981 24 23 22

E-mail:oti@emalcsa.es

Enderezo: Rúa Manuel Murguía, s/n. Edificio Casa da Auga, 1º piso, 15011, A Coruña

Páxina web:https://www.emalcsa.es

Instituto Superior de Agronomía – Universidade de Lisboa

A Universidade de Lisboa é unha institución pública interdisciplinar de educación superior e investigación formada por 18 facultades e institutos. É unha das maiores universidades de Portugal cun total de 46.989 estudantes (curso 2012/2013) matriculados en 423 graos, másteres e cursos de doutorado, e ten aproximadamente 4.000 empregados fixos en docencia e investigación.

O Instituto Superior de Agronomía, ISA, é unha das facultades da Universidade de Lisboa. A misión principal é a educación superior, a investigación e desenvolvemento, e a transferencia de tecnoloxía nos campos científicos da agricultura, a silvicultura e a enxeñaría de recursos naturais, as ciencias dos alimentos, a enxeñaría de produción animal, a enxeñaría ambiental, a bioloxía e a arquitectura da paisaxe. Como centro de educación superior, ISA imparte docencia a 1.555 estudantes de grao, másteres e doutorado. Ademais 133 profesores e 6 investigadores (doutores) realizan traballos de investigación científica, recoñecidos a través de publicacións en revistas internacionais, libros e conferencias.

Actualmente ISA participa en 111 proxectos de investigación dos cales 16 son de alcance internacional. ISA é o socio coordinador en 2 destes proxectos internacionais e en 29 proxectos nacionais, financiados pola CE e polos fondos nacionais respectivamente. ISA tamén está involucrado en varios proxectos relacionados coa transferencia de tecnoloxía. Entre os seus socios inclúense universidades, institutos de investigación e empresas privadas. Ademais, conta con dous centros de investigación de recoñecido prestixio a nivel nacional. Todas estas actividades son apoiadas por un equipo de persoal administrativo con experiencia, que inclúe xestores de proxectos, expertos financeiros e xerentes de relacións públicas, que realizarán un apoio integral ao proxecto.

DATOS DE CONTACTO

Teléfono: +351 213 653 100

E-mail:cgisa@isa.ulisboa.pt

Enderezo: Centro de Estudos Florestais. Edificio Azevedo Gomes. Instituto Superior de Agronomia. Universidade de Lisboa. Tapada dá Ajuda. 1349-017 Lisboa. Portugal

Páxina web:https://www.isa.ulisboa.pt/cef/apresentacao

A Asociación ten como función o desenvolvemento do territorio interrexional que se sitúa no ámbito do río Eo (InterEo). Está constituída por catorce municipios dos cales sete pertencen á provincia de Lugo, en Galicia (Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada), e outros sete ao Principado de Asturias (Castropol, San Martín de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Taramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos). Estes catorce municipios compoñen, á súa vez, o territorio ao que o Comité MaB da UNESCO designou como Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón o día 18 de setembro de 2007.

A súa visión e coñecemento das características socioeconómicas e ambientais do territorio, así como a súa relación coas administracións locais, son fundamentais para o desenvolvemento do proxecto, especialmente no que se refire ás accións de divulgación e comunicación do proxecto e os seus resultados.

DATOS DE CONTACTO

Teléfono: 985 476 850

E-mail:intereo@intereo.es

Enderezo: Rúa Hospital, 1 -33770 – Vegadeo – Asturias

Páxina web:http://www.intereo.es/4801.html

Concello de Ribadeo

O Concello de Ribadeo marcou como liña prioritaria do seu traballo a protección, conservación e rexeneración do seu medio natural, posuidor dunha biodiversidade que o fixo merecedor de varios recoñecementos internacionais (Rede Natura 2000, ZEC, ZEPA, Reserva da Biosfera…). Preservar estes ecosistemas, tratando de mellorar as súas condicións naturais e os seus servizos, é unha das nosas maiores preocupacións, xunto coa de loitar por novos recoñecementos que avalen a calidade das nosas praias, ribeiras, montes, … Á marxe de todas as actuacións que pretenden conseguir un Ribadeo máis limpo e sostible, a implicación dos cidadáns e cidadás preséntase tamén como algo imprescindible. É por iso que se poñen en marcha campañas de información e sensibilización, xornadas educativas e outros recursos.

Relacionado coa actuación en cuestión que se pretende levar a cabo dentro do LIFE FLUVIAL existe unha moi boa e recente experiencia en Ribadeo co sendeiro que transcorre paralelo á ría de Ribadeo dende o Faro da Illa Pancha ata o muíño das Aceas, onde no seu último tramo de 1,5 km aproximadamente se adquiriron as parcelas de propiedade privada para cedelas a Costas, parcelas nas que ademais á creación do sendeiro estase en trámites para substituír os eucaliptos dese tramo por especies autóctonas a través de subvención de Rede Natura 2000. Unido á actuación que se pretende levar a cabo en Ribadeo dentro do LIFE, este Concello ten a intención de darlle continuidade ao sendeiro existente para unilo coa senda do antigo tren mineiro, a través das parcelas a adquirir, o que se considera sería un complemento de grande valor ao proxecto LIFE en Ribadeo.

DATOS DE CONTACTO

Teléfono: 982 128 650/ 982 128 662

E-mail:sostibilidade@ribadeo.org

Enderezo: Praza de España, 1, 27700 Ribadeo, Lugo

Páxina web:http://ribadeo.gal

Grupo Tragsa

Posúe 41 anos de experiencia traballando para as Administracións públicas ao servizo da sociedade o que a sitúa á vangarda dos diferentes sectores nos que actúa, dende a prestación de servizos agrícolas, forestais, gandeiros e desenvolvemento rural, ata a conservación e protección ambiental. Ao longo de 2017 leváronse a cabo un total de 1.420 actuacións ambientais, o que representa un 32% do total das actuacións do Grupo TRAGSA. Algunhas das actividades relacionadas co proxecto realizadas no ano 2017 son:

  • Conservación da Biodiversidade: Leváronse a cabo 283 actuacións de conservación da biodiversidade e 313 de protección e restauración do medio ambiente. As actuacións refírense a inventario, diagnóstico, caracterización, conservación, xestión e seguimento de especies de flora e fauna e hábitats terrestres e mariños. Centros de cría e recuperación e outras infraestruturas para a xestión de especies.
  • Conservación de recursos xenéticos: Seguimento e control de especies invasoras. Desenvolvemento e implementación da lexislación nacional, internacional e autonómica sobre conservación da biodiversidade, elaboración de estratexias e plans de conservación e recuperación.
  • Conservación, mellora e recuperación de espazos: Planificación de espazos naturais. Mantemento, vixilancia, restauración e control de espazos naturais terrestres e mariños. Elaboración de estudos diagnósticos para a rexeneración dos solos e acuíferos.
  • Selvicultura e xestión forestal: repoboacións, clareos, podas e rozas, con eliminación dos restos vexetais xerados. Aproveitamento forestal e a súa aplicación á bioenerxía.

Ademais, TRAGSA participa no Comité de Flora e Fauna Silvestres, no Comité de Espazos Naturais Protexidos, presta apoio técnico aos dous Consellos que conforman o Comité Español do Programa MaB da UNESCO e participa no Grupo de apoio técnico ao Comité Hábitat.

Datos de contacto

Teléfono: +34 982 284 357

E-mail:epardo@tragsa.es

Enderezo: Empresa de Transformación Agraria, TRAGSA, Rúa Río Sil, 43, Entlo. 27003 Lugo.

Páxina web:http://www.tragsa.es/es

USC IBADER

O IBADER é un instituto da Universidade de Santiago de Compostela, ao cal se atopa adscrito o Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade (GI-1934-TB), que posúe unha grande experiencia na xestión e planificación de espazos naturais, hábitats e especies da Rede Natura 2000. A inclusión do GI-1934-TB do IBADER en LIFE FLUVIAL permite a achega dos medios persoais e técnicos necesarios para a execución do proxecto cunha gran solvencia.

A liña principal do GI-1934-TB enfócase á conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente. Dende a súa creación executou múltiples traballos relacionados coa conservación, planificación, valoración, xestión sostible e seguimento do estado de conservación de hábitats naturais e especies silvestres, especialmente con aqueles incluídos na Directiva Hábitat e Directiva Aves. Entre os traballos realizados destaca a redacción do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (aprobado mediante o Decreto 37/2014).

Froito desta grande experiencia foi a publicación de monografías específicas sobre os hábitats de interese comunitario en Galicia, incluíndo criterios para a súa identificación, diagnóstico, valoración territorial e propostas de xestión sostible. En consecuencia, o grupo presenta unha dilatada experiencia no deseño de medidas de xestión sostible dos valores do patrimonio natural e a biodiversidade, con especial énfase nos hábitats e especies a presenza dos cales se motivou a designación dos espazos Natura 2000.

Esta traxectoria compleméntase cunha dilatada experiencia no campo da divulgación ambiental, a colaboración en procesos de información e participación pública, a sensibilización á poboación, a cooperación na formación dos diferentes niveis de ensino regulado, a capacitación técnica e todo tipo de alianzas cos axentes implicados na xestión e conservación do medio natural.

DATOS DE CONTACTO

Telf. +34 982 824 507 / +34 982 824 504

E-mail:ibader.bio@gmail.com

Enderezo: IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Campus Terra s/n, 27002 Lugo, Galicia.

Páxina web:www.ibader.gal

ENTIDADES QUE APOIAN O PROXECTO

  • Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
  • Confederación Hidrográfica do Cantábrico
  • Dirección Xeral da Sostibilidade da Costa e do Mar
  • Demarcación de Costas en Galicia
  • Servizo Provincial de Costas de Lugo
  • Demarcación de Costas en Asturias
  • Agência Portuguesa do Ambiente
  • Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas, I.P.
  • Dirección Xeral de Recursos Naturais, Goberno do Principado de Asturias
  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
  • Augas de Galicia (España)
  •  
  • Concello de A Coruña
  • Concello de A Pontenova
  • Concello de Abegondo
  • Concello de Baleira
  • Concello de Bergondo
  • Concello de Betanzos
  • Concello de Cambre
  • Concello de Castropol
  • Concello de Guitiriz
  • Concello de Lugo
  • Concello de Meira
  • Concello de Rábade
  • Concello de Ribadeo
  • Concello de San Martín de Oscos
  • Concello de San Tirso de Abres
  • Concello de Santa Eulalia de Oscos
  • Concello de Taramundi
  • Concello de Trabada
  • Concello de Vegadeo
  • Concello de Villanueva de Oscos
  • Cámara Municipal de Ponte de Lima
  • Deputación de Lugo
  •  
  • Concello de A Coruña
  • Concello de A Pontenova
  • Concello de Abegondo
  • Concello de Baleira
  • Concello de Bergondo
  • Concello de Betanzos
  • Concello de Cambre
  • Concello de Castropol
  • Concello de Guitiriz
  • Concello de Lugo
  • Concello de Meira
  • Concello de Rábade
  • Concello de Ribadeo
  • Concello de San Martín de Oscos
  • Concello de San Tirso de Abres
  • Concello de Santa Eulalia de Oscos
  • Concello de Taramundi
  • Concello de Trabada
  • Concello de Vegadeo
  • Concello de Villanueva de Oscos
  • Cámara Municipal de Ponte de Lima
  • Deputación de Lugo
  •  

 

  • Universidade de Vigo (Dpto. de Ecoloxía e Bioloxía Animal) (España)
  • Sapienza Università di Roma (Italia)
  • Institut National de la Recherche Agronomique, INRA (Francia)
  • Amt der Steiermärkischen Landesregierung Abteilung, Ressourcen und Nachhaltigkeit (Austria)
  • Asociación Galega de Custodia do Territorio (España)
  • Danish Ministry of Environment and Food, Danish Nature Agency (Dinamarca)
  • Drustvo za Opazovanje in Proucevanje ptic Slovenije, DOPPS-BirdlLife (Eslovenia)
  • KASZÓ Forestry Stock Company (Hungría)
  • National Parks and Wildlife Service, Department of Arts, Heritage, Regional, Rural and Gaeltacht Affairs (Irlanda)
  • Provincia di Vicenza (Italia)
  • Italia: Sapienza Universitá di Roma y Provincia di Vicenza.
  • Dinamarca: Danish Ministry of Environment and Food, Danish Nature Agency.
  • Irlanda: National Parks and Wildlife Service, Department of Arts, Heritage, Regional, Rural and Gaeltacht Affairs
  • Hungría: KASZÓ Forestry Stock Company.
  • Eslovenia: Drustvo za Opazovanje in Proucevanje ptic Slovenije, DOPPS-BirdlLife
  • Austria: Rudolf Hornich, Amt der Steiermärkischen Landesregierung Abteilung, Ressourcen und Nachhaltigkeit
  • Portugal: Cámara Municipal de Ponte de Lima, Portuguese Environment Agency, Institut National de la Recherche Agronomique INRA, e Instituto da Conservacao da Natureza e das Florestas

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies