Life Fluvial

Life Fluvial

LIFE FLUVIAL: MELLORA E XESTIÓN SOSTIBLE DE CORREDORES FLUVIAIS DA REXIÓN ATLÁNTICA IBÉRICA

Os ríos da Iberia atlántica, máis alá do seu extraordinario valor natural e a súa función social, constitúen unha rede de corredores biolóxicos que xoga un papel decisivo na conservación de moitos ecosistemas terrestres. A súa complexa dinámica e a extraordinaria presión humana á que están sometidos, aconsella a realización dunha análise interdisciplinar que permita comprender, na súa verdadeira dimensión, os problemas que lles afectan e orientar axeitadamente accións para mellorar e restaurar as súas funcións principais. Deseñar plans de restauración neste sentido, que constitúan un procedemento de boas prácticas en materia de restauración de corredores fluviais, e mellorar a comprensión social deste labor, son as ideas estratéxicas que sustentan este proxecto.

O obxectivo xeral do proxecto LIFE FLUVIAL é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). Neste ámbito, factores de ameaza como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, xeran a deterioración e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.

Para alcanzar o obxectivo xeral formúlanse obxectivos específicos encamiñados a combater a degradación dos hábitats:

  • Desenvolvemento dun modelo transnacional de xestión sostible de corredores fluviais para a mellora do seu estado de conservación, mediante a restauración da composición, estrutura e funcionalidade dos seus tipos de hábitats de interese comunitario, a mellora da conectividade e a redución da fragmentación.
  • Control de flora exótica e invasora.
  • Eliminación de plantacións de especies alóctonas
  • Plantación de especies autóctonas características dos bosques de ribeira (hábitat prioritario 91E0*) e de carballeiras (hábitat 9230).
  • Mellora do estado fitosanitario dos corredores fluviais, mediante a retirada parcial de árbores mortas.
  • Difusión dos valores naturais, beneficios socioeconómicos e servizos ecosistémicos prestados polos corredores fluviais.
  • Mellora da formación e capacitación técnica dos axentes implicados na xestión e conservación dos corredores fluviais.
ACCIÓNS PREPARATORIAS

Avaliación previa dos enclaves de actuación e planificación técnica das accións.

ADQUISICIÓN DE TERREOS

Adquisición de terreos de titularidad privada para a súa transformación de plantacións de eucalipto a bosque autóctono (91E0* e 9230).

ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN

Executaranse 8 accións concretas de conservación en corredores fluviais atlánticos incluídos en espazos da Rede Natura 2000 de España e Portugal:

  1. Mellora e restauración de hábitats naturais no corredor fluvioestuarino da Ría de Ribadeo/Ría do Eo (ZEC Río Eo-Galicia ES1120002, ZEPA Ribadeo ES0000085, ZEC/ZEPA Ría do Eo ES1200016).
  2. Mellora e restauración do corredor fluvial na cunca media do Río Eo (ZEC Río Eo- Galicia ES1120002, ZEC Río Eo-Asturias ES1200023).
  3. Mellora do estado de conservación das Lagoas de Arnao-Villadún (ZEC/ZEPA Ría do Eo ES120006).
  4. Restauración de hábitats naturais no corredor fluvioestuarino da Ría de Betanzos (ZEC Betanzos-Mandeo ES111007).
  5. Xestión sostible dos bosques higrófilos (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre ES1110004).
  6. Mellora dos corredores fluviais na cunca alta do Río Miño (ZEC Parga-Ladra-Támoga ES1120003).
  7. Xestión sostible de humedales continentais na cunca alta do río Miño (ZEC Parga-Ladra-Támoga ES1120003).
  8. Mellora do estado de conservación do hábitat 91E0* no río Estorãos (LIC Río Lima, PTCON0020).
ACCIÓNS DE MONITORIZACIÓN

Accións de seguimento para medir o impacto do proxecto sobre os hábitats obxectivo, avaliar o impacto socioeconómico do proxecto, valorar o impacto do proxecto sobre as funcións ecosistémicas e analizar o progreso do proxecto.

SENSIBILIZACIÓN PÚBLICA E DIFUSIÓN DOS RESULTADOS

Estas accións inclúen o desenvolvemento dun Plan de Comunicación, deseño, elaboración e instalación de materiais e equipamentos informativos, didácticos e de sensibilización, deseño e implementación dun programa de sensibilización e difusión, edición dun boletín electrónico informativo, posta en marcha de páxina web e establecemento de relacións con outros proxectos de temática similar.

FUNCIONAMENTO E SEGUIMENTO DO PROXECTO

Abrangue o conxunto de tarefas de xestión e coordinación do proxecto, incluíndo o proceso de auditoría, así como o deseño dun Plan de Conservación post LIFE.

1000
Presupuesto total
1000
Financiación UE

Ejecución del Proyecto

del 01.09.2017 a 31.08.2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies