Curso de Verán “O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA”.

Curso de Verán “O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA”.

Entre o 2 e o 5 de setembro de 2019, o IBADER do Campus Terra da USC organizou o Curso de Verán “O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA“. Ao acto inaugural acudiu Ana González Abelleira, en representación da Deputación de Lugo, Montserrat Valcárcel en calidade de Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, e Pablo Ramil Rego como Director do IBADER. Os obxectivos do curso son coñecer directamente o patrimonio natural das Reservas da Biosfera, tomar conciencia da importancia e servizos ecosistémicos destes espazos en relación coa biodiversidade, a paisaxe e a calidade de vida, e coñecer os planeamentos, as tendencias e posicionamentos en torno a estes espazos.

O curso contou con 23 matriculados, e constou de 4 xornadas nas que participaron un total de 5 poñentes que achegaron aos alumnos as novas tendencias e obxectivos nas Reservas de Biosfera. Con motivo das saidas de campo, visitáronse diversos Espazos Natura 2000 que conforman a zona núcleo das Reservas de Biosfera, e nos cales se levan desenvolvendo nos últimos anos diversas accións de conservación no marco de proxectos LIFE, encamiñados á mellora do estado de conservación dos tipos de hábitat de interese comunitario.

No caso da visita á Reserva do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, visitouse a ZEC Río Eo (ES1120002), e en concreto unha das zonas de actuación nas que LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) está a traballar activamente na actualidade, dentro do territorio municipal de A Pontenova (Lugo). Deste xeito, os alumnos puideron coñecer de primeira man as estratexias de conservación e restauración dos corredores fluviales que LIFE FLUVIAL está a desenvolver no territorio.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies