CELEBRADA A 2ª COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE LIFE FLUVIAL EN GALICIA

CELEBRADA A 2ª COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE LIFE FLUVIAL EN GALICIA

O proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica”, posúe como obxectivo xeral a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000 en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Portugal Norte). O proxecto está a avanzar a bó ritmo, e conta cun importante conxunto de apoios oficiais, aspecto do que os socios do proxecto se atopan moi agradecidos.

Por esta razón, e estando xa programada a súa celebración, dende LIFE FLUVIAL os socios IBADER, ADR Mariñas-Betanzos e EMALCSA organizaron a segunda Comisión de Seguimento do proxecto en Galicia. Esta Comisión serviu para realizar un seguimento das accións que se desenvolven polo proxecto, aportando un punto de vista externo e máis amplo sobre os avances do mesmo. Para elo foron invitados á reunión todos os organismos estatais e autonómicos con competencias en materia de conservación de corredores fluviais da Rede Natura 2000, así como o resto de axentes implicados na xestión dos corredores fluviais (entidades locais, organizacións sen ánimo de lucro, universidades e centros de investigacións, outros proxectos europeos, etc.). O listado de invitados foi o seguinte:

Demarcación de Costas de Galicia (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico)

Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico)

Augas de Galicia (Xunta de Galicia)

Dirección Xeral do Patrimonio Natural (Xunta de Galicia)

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo (Xunta de Galicia)

Servizo de Patrimonio Natural de Coruña (Xunta de Galicia)

Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)

Rede de Reservas de Biosfera de Galicia

Reserva de Biosfera Terras do Miño

Reserva de Biosfera Os Ancares Lucenses

Reserva de Biosfera Área de Allariz

Reserva de Biosfera Gerês-Xurés

Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Deputación da Coruña

Concello de Abegondo

Concello de Cambre

Concello de Bergondo

Concello de Betanzos

Deputación de Lugo

Concello de Lugo

Concello de Rábade

Concello de Guitiriz

Vicerreitoría de Coordinacion do Campus de Lugo (USC)

Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

Fundación Fragas do Mandeo

Fundación Juana de Vega

AUDASA

A reunión celebrouse o xoves 3 de decembro, ás 12:00 h. Debido ás actuais medidas adoptadas pola pandemia orixinada polo COVID-19, tivo que ser organizada en liña, a través de plataforma Microsoft Teams. O evento contou cun breve acto de presentación do presidente da ADR Mariñas-Betanzos, José Antonio Santiso Miramontes, así como do director do IBADER, Pablo Ramil Rego, cuxas entidades son socias de LIFE FLUVIAL, xunto a unha representación do resto de socios do proxecto. Tras a presentación, procedeuse a unha revisión do seguimento das accións concretas de conservación e divulgación do proxecto, verificándose o alcance das actuacións executadas, o impacto que posúen e o valor engadido a nivel europeo do proxecto. O acto concluiu cunha breve sección de debate e cuestións polos asistentes, que agradeceron a invitación e outorgaron parabéns aos resultados de LIFE FLUVIAL.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies